O Campionato Galego de 3D Indoor desenvolverase na Pobra no 22 de decembro

17 Decembro 2024

Nova cita deportiva na Pobra do Caramiñal. O Campionato Galego de 3D Indoor transcorrerá no 22 de decembro, dende as 09.30 ata as 16.00 horas, no Polideportivo da Tomada.

Trátase dunha cita organizada polo Club Arqueiros do Barbanza coa colaboración doutras entidades, entre elas, a Concellaría dos Deportes, que consiste nun percorrido pechado, onde os/as arqueiros/as deberán atinar coas frechas nas dianas volumétricas distribuídas polo interior do recinto.

En palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, “seguimos dando cabida ás distintas disciplinas presentes na nosa localidade de acordo ao noso compromiso co fomento da práctica deportiva e apoio á actividade dos nosos clubs. Nesta ocasión, temos unha modalidade de competición relativamente recente en Galicia.”

Consta de 24 propostas de tiro e, unha vez completado o circuíto, os/as oito primeiros/as clasificados/as disputarán as eliminatorias correspondentes. Aquí daranse cita medio cento dos/as mellores arqueiros/as de toda Galicia.

Haberá, ademais, entrega de trofeos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.