O BNG apoia as reivindicacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza e esixe solucións inmediatas

16 Decembro 2024

O Bloque Nacionalista Galego respaldou este luns 16 de decembro a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza para denunciar as graves deficiencias que afectan á atención sanitaria na comarca. No acto, que contou cunha ampla participación cidadá, os participantes criticaron “os longos tempos de espera para atencións médicas co persoal sanitario especialista do Hospital, así como a insuficiente dotación de persoal nos servizos hospitalarios”.

Durante a protesta díxose que especialidades como traumatoloxía, xinecoloxía, oftalmoloxía ou endocrinoloxía “acumulan demoras de máis dun ano para segundas revisións”, e manifestouse tamén que “a realización de probas diagnósticas como ecografías ou TAC experimentan atrasos de case un ano, situacións que poñen en risco a saúde dos pacientes e xeran unha fonda preocupación social”.

O BNG comprometeuse a levar estas reivindicacións ao Parlamento galego. Dende o BNG salientan que “a situación no Hospital do Barbanza é un reflexo do abandono que a Consellaría de Sanidade está tendo cos hospitais comarcais. A Xunta debe actuar con urxencia para garantir que a veciñanza teña acceso a unha sanidade pública de calidade sen esperas intolerables que comprometan o benestar das persoas”.

No BNG esixen á Consellaría de Sanidade “que dote os servizos sanitarios da Barbanza co persoal necesario para resolver estas carencias e que se poña fin á opacidade nas listas de agarda; non é tolerable que o PP pretenda ocultar a realidade da saturación dos servizos sanitarios. Demandamos transparencia e solucións inmediatas para garantir unha atención digna á cidadanía”, engaden.

O BNG reitera o seu compromiso coa “defensa dun sistema público de saúde que sexa accesíbel, universal e eficaz”, e anuncia que “continuará traballando tanto nas institucións como a carón da xente para que as necesidades da comarca do Barbanza sexan atendidas con responsabilidade por parte do Goberno galego”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.