O Acuartelamento Aéreo do Barbanza EVA-10 conmemorou o día da patroa do Exército do Aire, A Virxe de Loreto

11 Decembro 2024

Na mañá deste mércores 11 de decembro celebráronse os actos conmemorativos do día da patroa do Exército do Aire, A Virxe de Loreto, no Acuartelamento Aéreo do Barbanza EVA-10. Participou, entre outras/os autoridades, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen destacou o EVA 10 é responsábel da obtención, procesado e transmisión dos datos do radar para a súa interpretación por parte do Grupo de Mando en Control e Aéreo. É por tanto unha instalación de importancia estratéxica tanto para a defensa nacional, como para o control do trafico aéreo tanto militar como civil.

Tamén lembrou que neste ano, cómprense 40 anos da instalación do radar deste Acuartelamento Aéreo do Barbanza.

Os actos estiveron presididos polo xeneral xefe do Sistema de Vixilancia e Control Aéreo, Eliseo Pérez Gómez, e o comandante xefe da EVA-10, Javier Marcos Barreiro.

Durante o acto militar, tivo lugar a imposición de condecoracións e a entrega dos certificados de capacitación profesional. 

Recibiron a Cruz do Mérito Aeronáutico: o sarxento 1º Adrián Fuertes Mon, o cabo Samuel Quintana García, o soldado Juan Luis Tomé Martínez e o soldado Senén Villaverde Salgueiro. O subtenente José María Fernández Reyes recibiu unha mención honorífica.

A cruz de ouro á constancia no servizo foi imposta ao cabo 1º Manuel Enrique Martínez Rodríguez e o cabo Francisco Javier Eiró Correa; a cruz de prata ao cabo Pablo Emilio Seco Paz; e a de bronce ao soldado Eduardo Diego Goti San Martin.

O acto finalizou coa homenaxe aos caídos e un desfile das forzas que integran o Acuartelamento EVA-10 no monte Iroite de Noia.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.