Na rúa unha nova edición da crónica do Trasatlántico Santa Isabel

22 Decembro 2024

A punto de cumprirse 104 anos do naufraxio, a  obra  “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, sae do prelo na súa terceira edición desde que hai vinte sete anos se publicara por primeira vez.

Na década dos noventa o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo, artigos que serían o xermolo do libro. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio do transatlántico, recuperándose documentación inédita da traxedia.

A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante décadas, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Ribeira.

As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficias, os escritos do capitán Esteban García Muñiz, e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto os homes e mulleres da illa, de salvar a varias ducias de persoas.

Formato orixinal

Esta edición recupera o formato orixinal da obra na que en varios capítulos repásase a historia da illa de Sálvora coas súas lendas, a propiedade e como chega a Parque Nacional tras as vicisitudes desde que aparece citada por primeira vez na historia no século IX.

Conta tamén cun capítulo dedicado á historia da cidade de Ribeira desde as súas orixes cunha breve cronoloxía histórica. Outro dos apartados do libro centra o seu contido no desenvolvemento, fases de construción e catástrofe do vapor-correo.

A obra vai acompañada de despregables do transatlántico e aborda a posta da quilla,  os datos técnicos  do vapor, as súas singraduras e o naufraxio co seu desenvolvemento e rescate, así como os actos de heroísmo das mulleres e homes de Sálvora e o comportamento dos habitantes de Ribeira, que tanto recoñecemento tiveron na época.

Outros capítulo recolle o comportamento do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, gran heroe do naufraxio e o oficial da mariña máis condecorado do primeiro terzo do século vinte. Outro capítulo recolle as testemuñas de persoas vinculadas o suceso e dos descendentes dos habitantes da Illa, ou a da dona do segundo oficial do transatlántico.

O autor

O autor, Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e Cronista Oficial de Ribeira, traballou e segue a traballar na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.

Aquela primeira edición de autor é xa unha obra de referencia sobre o naufraxio e esgotouse nas súas dúas primeiras edicións. O  traballo publicado contou e conta aínda hoxe, con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil e custoso de repetir.

A segunda edición que saíu do prelo no 2011 esgotouse tamén rapidamente e as múltiples peticións fan que a editora decidira sacar unha terceira edición actualizada.  O libro conta cunha  amplísima referencia gráfica e documental sobre o suceso.

Esta terceira edición limitada, está xa a venda nas librarías da comarca, na plataforma dixital pergamolibrary.com e a través do email vaporcorreo.santaisabel@gmail.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.