Máis de 150 persoas acoden en Outes a un nova Xornada Sociosanitaria centrada na hipertensión arterial

20 Decembro 2024

Ese xoves 19 de decembro celebrouse unha nova sesión da XIX edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes, co título Hipertensión arterial: Diagnose, tratamento e seguimento. A conferencia foi impartida polo doutor Antonio Pose Reino, da Unidade de Hipertensión e Risco Vascular. Servizo de Medicina Interna do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas.

A coordinación correu a cargo do Dr. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, a relatora foi agasallada con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A axenda das Xornadas cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa está novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Logo da cita deste 19 de decembro, o 30 de xaneiro de 2025 intervirá o doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, co relatorio Diabetes: a epidemia silenciosa.

O 27 de febreiro celebrarase Deporte de saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC.

O 27 de marzo será a quenda do relatorio Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.