Incendio nunha nave industrial no polígono A Tomada, no concello da Pobra do Caramiñal

14 Decembro 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron requiridos na madrugada deste sábado, sobre as 04:24 horas,  por un incendio nunha nave no polígono industrial A Tomada, na parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal.

Ao chegar ao lugar dos feitos, procedeuse  a extinción do lume e á retirada de material inflamable. Ardeu parte da lona da nave, con estrutura de aluminio, e tamén material que había no interior. Non houbo que lamentar feridos.

No operativo participaron os bombeiros e Garda Civil de Boiro e membros de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.