Fran Sieira impartirá un obradoiro de danza no Teatro Cine Elma da Pobra

03 Decembro 2024

A danza será a peza angular da programación cultural polo Nadal na Pobra do Caramiñal. Por iso, como antesala ao espectáculo que terá lugar na localidade, o recoñecido bailador Fran Sieira impartirá o obradoiro Danza galega, tradición e vangarda no Teatro Cine Elma no sábado, 7 de decembro, ás 11.30 horas. Ofértanse un total de 16 prazas de balde que se deberán reservar a través do formulario en liña habilitado.

Trátase dunha acción dirixida a persoas maiores de 12 anos con nocións previas de baile tradicional galego ou con inquedanza polas artes do movemento. Algúns dos aspectos a traballar nos 90 minutos de duración serán a descontextualización dos pasos do baile tradicional galego para utilizalos como principal mecanismo de expresión, trasladando ao movemento imaxes claras da peza Coreografías dun demente.

“Queremos redimensiona-la programación cultural por estas datas potenciando distintas disciplinas artísticas. Desta vez, apostamos pola danza. Xa é habitual ter nas táboas o baile tradicional grazas aos festivais do Nadal organizados polo noso tecido asociativo e, dende a Administración local, queremos incorporar tamén unha mestura de folclore e vangarda a cargo dunha compañía de renome como é a de Fran Sieira. Ademais, nos vindeiros días anunciaremos novidades”, segundo avanzou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Para asistir unicamente é necesario levar roupa cómoda e calcetíns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.