“Espertar dun soño arrandeado pola inmensidade da música”, Antón Luaces

08 Decembro 2024

Alemán nacionalizado inglés, Georg Friedrich Händel é -sen dúbida para min- un dos mellores compositores mundiais e o máis trascendente na historia da música do barroco. Naceu o 23 de febreiro de 1685 e faleceu en Londres o 14 de abril de 1759. Os seus restos mortais acubíllanse na abadía de Westminster.

Compositor, o luterano Händel foi un excelente violinista con amplo dominio de instrumentos coma o clavicémbalo, o oboe e o órgano, amáis de se adicar á educación. 

A ópera marcou a vida de Händel. Mais a súa obra sobranceira é, e será sempre, un oratorio: O Mesías.

 Na biografía do compositor e músico, preñada de concertos, figura de xeito preeminente O Mesías, obra rematada en 1789 que, no serán  do venres e o sábado desta semana, ateigou de público o Palacio da Ópera da Coruña. A produción dunha empresa bancaria catalana permitiu -e non  é a primeira vez- que o Mesías fora interpretado por unha maxestosa Orquestra Sinfônica da Coruña baixo a dirección de Carlos Mena e o coro da mesma dirixido por Javier Fajardo, arroupados por máis de douscentos tenores, baixos, sopranos e contraltos pertencentes a distintas agrupacións corais coruñesas e da contorna dirixidos por Julia Sesé que, dalgún xeito, viron  cumpridas as súas arelas de intervir nunha obra das máis coñecidas do panorama musical mundial.  Un moi afortunado proxecto este de permitir a participaciòn de colectivos de afeccionados que asumiron con responsabilidade a realización dunha trintena de ensaios cuxo resultado contou coa aprobación do director Carlos Mena á vista dos acenos por el realizados en distintas ocasiòns ao longo da interpretación, sumándose a estes de xeito moi apreciable o barítono Fernando Campero.

Un moi grande oratorio e unha inmensa marea de voces que encheron de emoción un Palacio da Ópera da Coruña no que, canda os colectivos xa citados, cómpre citar os solistas Alicia Amo, soprano de moi doce “dicir”; Lucìa Caihuela, mezzo-soprano, moi segura; Luken Munguira, tenor de longo percorrido, e o xa citado Fernando Campero, barítono de grandes dotes.

O Consorcio para a Promoción  da Música cumpre con estas actividades un aspecto fundamental do motivo da súa creación: un afortunado proxecto pedagóxico cunha das obras máis emblemáticas do repertorio clásico. Así se fai camiño. Especialmente cando se coida o presente e o futuro da Sinfónica de Galicia, un tesouro que non todas as institucións coidan dabondo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.