En Cambados detido un pedófilo que contactaba con menores a través de videoxogos

10 Decembro 2024

Unha investigación iniciada en Cambados pola Garda Civil e coordinada por un xulgado de instrución de Caldas de Reis permitiu deter en Gádor (Almería) un pedófilo de 26 anos que contactaba con menores a través de videoxogos en liña. O detido xa ingresou en prisión provisional.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, as investigacións, bautizadas como Operación RitualGame, iniciaron pola denuncia presentada polos pais dun neno de 12 anos, que informaron de que un adulto contactara co seu fillo a través dun videoxogo, e que, tras gañarse a súa confianza, solicitáballe vídeos e material de contido sexual.

Garda Civil

O home pedía ese material a cambio de comprarlle skins (aspectos) e pases de batalla (outorgan obxectos no xogo ao completalos) e chamaba a este intercambio “o ritual”.

A Garda Civil logrou identificar o pedófilo, un veciño de Gádor, e tamén identificou outros 15 menores que foron vítimas súas. Os rapaces, de entre 10 e 14 anos, tamén foran contactados por este home a través do videoxogo.

Tras realizar un primeiro achegamento, o sospeitoso establecía con eles lazos de “amizade” e empezáballes a pedir fotografías ou vídeos de índole sexual, e mesmo realizaban videochamadas nas que os menores estaban espidos. Nalgúns casos, agasalláballes con ordenadores ou teléfonos. Ao final, mesmo logrou facerse coa confianza dos pais, facéndolles crer que era amigo dos seus fillos e que lles axudaba nas tarefas escolares.

Así mesmo, a Garda Civil comprobou que o investigado chegou a desprazarse persoalmente aos lugares de residencia dos nenos, para coñecelos persoalmente e pasar a noite con algún deles, nos establecementos onde se hospedaba.

Finalmente a Garda Civil detívoo e interveulle varios dispositivos electrónicos. Ademais, no seu móbil atopou centos de fotografías e vídeos de pornografía infantil, protagonizados por menores de moi curta idade, incluíndo bebés.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.