Comezan en Rianxo os traballos para mellorar a estrada que dá acceso a Cerqueiras, Vilar e Campelo

05 Decembro 2024

O Concello de Rianxo informou do comezo dos traballos para renovar o firme nun treito de aproximadamente 1 quilómetro da estrada que dá acceso aos núcleos de Cerqueiras, Vilar e Campelo, dándolle continuidade á actuación executada a finais do ano pasado. A actuación, que conta cun orzamento total de 56.965,55€, consistirá sobre todo na limpeza e posterior pavimentado do treito cunha capa de mestura bituminosa en quente, así como o repintado das marcas viarias.

Tal e como destacou o Alcalde, Julián Bustelo, “a actuación permitirá renovar o firme do tramo da víal que se atopa en peor estado” e recordou que esta pista non só é empregada polos veciños dos núcleos citados senón que tamén “dá acceso a un dos nosos principais recursos turísticos, como é o miradoiro da Muralla”.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.