Catro persoas resultaron feridas nunha colisión en Vilanova de Arousa

02 Decembro 2024


Houbo dous turismos implicados.

O 112 Galicia foi coñecedor do suceso cando estaban a piques de ser as 15:00 horas. Nese momento, un particular empregou o número único de emerxencias para informar dunha colisión por alcance entre dous vehículos. Ademais, o alertador indicou que parecía haber unha persoa ferida nun dos dous coches.

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Vilanova de Arousa.

Os servizos de emerxencias que se desprazaron ata o punto, no quilómetro 19 da PO-531, indicaron que finalmente había un total de 4 feridos, todos de carácter leve, os cales foron trasladados ata o Hospital do Salnés.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...