Avanzan os traballos de mellora na rúa Barbanza de Ribeira

12 Decembro 2024

O Concello de Ribeira segue avanzando os traballos de urbanización da contorna do novo Auditorio de Ribeira coa pavimentado da rúa Barbanza que se prevé abrir ao tráfico nas vindeiras semanas. Esta actuación únense á posta en marcha da reforma da praza do Centenario que, segundo confirmou o Goberno local, “permitirá resolver as humidades do aparcadoiro e converterase nun espazo renovado grazas a un novo modelo de cidade centrado nas persoas, na accesibilidade universal e nas zonas verdes”.

O Concello confirmou que esta semana estanse a realizar os traballos de pavimentación da rúa

Barbanza que comunicará a zona dos Xulgados e a Policía Local coa avenida da Constitución desconxestionando o tráfico na rúa Rodríguez Bautista. Para facilitar a mobilidade dos vehículos e de acordo con informes técnicos, o sentido da mesma para facilitará o fluxo de tráfico de cara a parte sur-oeste de Ribeira onde está o barrio das Avesadas.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, “a obra está na súa fase final, coa renovación do firme da rúa xa que dende hai un tempo os servizos de saneamento, pluviais e rede de auga para consumo doméstico están finalizados”. Segundo Barral, unha vez rematen coa pavimentación plantaranse árbores e habilitaranse estacionamentos gratuítos.

Á apertura e urbanización deste tramo final da rúa Barbanza hai que sumarlle a plataforma única desde a praza do Centenario cara a rúa Avesadas, xerando un espazo a modo de “adro” para o edificio do Auditorio xa que actualmente a beirarrúa é demasiado estreita. “Coa actuación unificaranse os pavimentos en toda a área, usando formigón puído nas zonas que soporten tráfico rodado e formigón lavado nas zonas peonís, e tamén incluirase a dotación de nova iluminación pública, mobiliario urbano, así como a plantación de árbores”, engadiron fontes do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.