As vivendas mellor decoradas da Pobra polo Nadal xa teñen premio

16 Decembro 2024

Un ano máis, a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal apostou por involucrar á veciñanza na mellora estética da localidade polo Nadal a través do certame para incentivar decoración exterior dos fogares.

O V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas xa ten as vivendas gañadoras desta convocatoria. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, fixo entrega das distincións ás persoas propietarias no 14 de decembro en formato de vale/caramiñas para trocar en diferentes establecementos comerciais e de servizos do municipio.

“Preto dunha trintena de domicilios participaron nesta edición do concurso que busca potenciar a creatividade da veciñanza e incrementar a vistosidade das nosas rúas por esta época no seo da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas. Co repartimento dos galardóns por un importe de 2.100 euros en boletos tamén repercute positivamente no comercio local. Unimos así a dinamización social e económica da nosa localidade por estas datas tan significativas”, explicou a edil.

O xurado decidiu adxudicar o primeiro premio a un fogar situado en Bandaseca, cunha contía de 600 euros.

E os cinco segundos, de 300 euros, un por cada parroquia, foron parar a unha vivenda no lugar de Cercias (Santa María do Xobre), na Pontenaveira (Santa María a Antiga do Caramiñal), en Tarrío (Santa Cruz de Lesón), na Crocha de Levante (Santo Isidoro de Posmarcos) e no Xogo da Bola (Santiago do Deán).

Deberán manter a ornamentación ata o día 6 de xaneiro, inclusive.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...