Abre as súas portas en Boiro unha Zona Gaming con simuladores, realidade virtual e xogos arcade

23 Decembro 2024

O Concello de Boiro, no marco da programación local de actividades de lecer e culturais de Nadal, habilitou estes días unha Zona Gaming con xogos online e presenciais e con actividades pensadas para a mocidade a partir dos 8 anos. A área gamer está instalada no local Leñaverde do Centro Social de Boiro os días 23, 26, 27 e 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

A Zona Gaming contará cun simulador de Fórmula 1, unha actividade para comprobar a destreza ao volante; lentes de Realidade Virtual para mergullar á rapazada noutras realidades como viaxar ao oeste ou montar nunha montaña rusa.

Contará tamén con dúas máquinas arcade que contan con máis de 3.000 xogos; unha zona de dardos para probar as habilidades de puntería; e outras propostas lúdicas pensadas para a mocidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...