ABE sortea este luns os premios da campaña Doa Un Sorriso

27 Decembro 2024

Este luns 30 de decembro ás 13:45 horas na sede da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) terá lugar o sorteo da campaña Doa Un Sorriso que levou a cabo durante un mes enteiro a clínica dental Rebeca Ozores, e na que se habilitaron puntos de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade como por exemplo material escolar nos comercios de Boiro. 

O sorteo realizarase entre todas as rifas que cubriron as persoas que depositaron os alimentos nos puntos habilitados, e os premios son 2 bonos abe de 50€, 2 vales para a clínica dental Rebeca Ozores e 1 noite para 2 persoas nas cabanas Os Balcóns ría de Arousa. Publicarase na web da ABE, www.abe.gal, e nas redes sociais o nome das persoas gañadoras e indicarase a cantidade de alimentos e produtos recollidos durante o tempo que durou a campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.