A Xunta sinala que investiu máis de 57 millóns na sustentabilidade do sector marisqueiro

20 Decembro 2024

A Xunta de Galicia fixo balance dos recursos mobilizados este ano a prol da sustentabilidade do sector marisqueiro, ámbito para o que destinou máis de 57 millóns de euros; ademais dos máis de catro millóns achegados para a posta en marcha das distintas liñas de investigación da resiliencia da actividade produtora. Así o explicou en sede parlamentaria a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, quen deu conta, ademais, de que dende 2023 “só á rexeneración e conservación da biodiversidade dos bancos lévanse dirixidos dende a Consellería do Mar 10.650.000 euros”. Neste caso, as zonas que mais apoio económico tiveron a estes efectos foron as rías de Arousa e de Vigo con máis de 4 e 1,7 millóns, respectivamente; e A Costa da Morte, con case 1,2 millóns de euros.

Villaverde explicou que estamos ante “un esforzo investidor que se suma ao resto de axudas que reciben de xeito directo as mariscadores e mariscadores e as entidades, e para equipacións e infraestruturas portuarias, recollida de lixo ou formación, e que está a dar os seus froitos”. Os datos trasladados dende diversas entidades que se están atopando respecto dos bancos marisqueiros amosan ademais “un recrutamento salientábel”, dixo, engadindo que “isto demostra que o traballo desenvolvido está axudando á súa recuperación e que, se as condicións medioambientais e outros factores exóxenos o permiten, lévase un absoluto respecto no control das tallas mínimas no desenvolvemento da actividade destes bancos, co fin de que ese stock de recrutas consiga acadar a talla comercial e, por tanto, que o sector acade unha maior rendibilidade económica”.

Marta Villaverde adiantou que diversas axudas para o vindeiro 2025, entre as que destacan as destinadas á rexeneración dos bancos marisqueiros, “xa están listas, de xeito que, nada mais comece o próximo ano, estarán a disposición para que poidan ser solicitadas e, deste xeito, seguir avanzando no desenvolvemento do Plan de Competitividade e Sostibilidade, que ten como finalidade recuperar a produtividade dos bancos, a sostibilidade desta actividade tradicional e a rendibilidade do colectivo”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...