A xira Galicia sabe aMar fará unha parada en Porto do Son o día 22 coincidindo coa carreira Sin-Son 10K

19 Decembro 2024

A xira da campaña Galicia sabe aMar, impulsada pola Consellería de Mar para promover os produtos do noso sector pesqueiro e marisqueiro, estará o vindeiro 22 de decembro en Porto do Son, na fachada marítima da vila, coincidindo coa celebración da carreira Sin-Son 10K. A foodtruck de Galicia sabe aMar instalarase no porto entre as 11.00 e as 15.00 horas, e dende alí achegaranse información e degustacións dos nosos produtos pesqueiros.

Así, quen o desexe pode achegarse a degustar algún dos petiscos preparados a base de produtos do mar e da terra.

A xira inclúe unha foodtruck dende onde a Consellería do Mar enxalza os produtos das rías galegas e pon o foco nos beneficios dos nosos peixes e mariscos para acadar unha dieta saudábel e equilibrada.

A campaña tamén é un xeito apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco.

Galicia sabe aMar é é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

En cada parada da xira os visitantes poden degustar algún dos moitos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.