A ribeirense Fabiola García felicita o Nadal aos maiores e traballadores que pasan estas datas sinaladas nas residencias

25 Decembro 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, felicitou o Nadal a todos os maiores e traballadores que pasan estas datas tan sinaladas nas residencias. Fíxoo durante a visita ao centro residencial El Pilar en Bergondo, na que acompañou aos usuarios e ás súas familias nun brinde para festexar estas festas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. Hotel Monumento San Francisco. Santiago de Compostela, 13/06/20.

A conselleira aproveitou a ocasión para agradecer a todos os traballadores do centro, así como ao persoal do resto de residencias, o seu labor na atención e coidado dos maiores, especialmente nestas datas tan sinaladas nas que a compañía é fundamental. Así, trasladoulles de parte de todo o Executivo galego os mellores desexos para o vindeiro ano que está a piques de comezar.

Fabiola García lembrou que o benestar dos maiores é un dos piares fundamentais para a Xunta de Galicia, por iso desenvolve diferentes iniciativas para evitar a soidade non desexada e fomentar un envellecemento activo. Con respecto a isto, sinalou o programa Xuntos polo Nadal grazas ao que 270 maiores están pasando estas festas en compañía e baixo unha atención profesional nas residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño.

Ademais, a conselleira puxo en valor outras iniciativas coas que colabora o Executivo galego como o programa Ningún maior só por Nadal que desenvolve a asociación Acolle nunha decena de residencias galegas. Deste xeito, convídase a todos os maiores que o desexen a pasar as festas nun centro residencial acompañados do resto de usuarios.

Neste sentido, a Xunta de Galicia traballa cada día para ofrecer ás persoas maiores todas as opcións que desexen para pasar esta etapa das súas vidas onde e como decidan. Así, Fabiola García fixo mención ós diferentes programas que están en marcha como o Carné +65, o Bono coidado no Fogar ou o Bono coidado residencias ou iniciativas como Benestar en Balnearios ou as Aulas Sénior.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.