A Pobra vivirá o III Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza no 21 de decembro

16 Decembro 2024

O III Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza disputarase no Estadio Municipal da Alta (A Pobra) no 21 de decembro, a partir das 11.00 horas. Reunirá as probas de lanzamento de peso (da sub-16 en diante), de xavelina (da sub-16 en diante), salto triplo, (sub-14 e sub-16) de lonxitude (sub-10 e sub-12) e carreiras de metros lisos en distintas distancias ata a categoría absoluta.

Trátase dunha cita que organiza a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal. “Apoiamos esta iniciativa que segue na liña de dinamiza-la vida deportiva da nosa localidade por estas datas e fomenta-la actividade física en tódolos días do ano”, incide o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.

As inscricións pódense formalizar ata as 22.00 horas do 17 de decembro a través da páxina atletismorfea.es.

Os premios consistirán en trofeos e medallas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.