A Pobra despide a edición especial de Nadal dos obradoiros de artesanía Feito coas túas mans

13 Decembro 2024

Nestes días de decembro finalizaron na Pobra os obradoiros de artesanía que integraron a edición especial de Nadal do programa de artesanía Feito coas túas mans e que puxeron o foco en técnicas para a elaboración de adobíos, estampaxe, esmaltado e bonecas de trapo. Os obradoiros viñeron da man da Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal en colaboración con Artesanía de Galicia

Os talleres remataron na tarde do 12 de decembro con clases para a confección de bonecas de trapo a cargo de Wooding. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, desprazouse ata a Casa Mariñeira reconvertida en Fogar do Nadal para comprobar a percepción das persoas asistentes. Logo disto, a edil valora positivamente a participación no programa dado que “se completaron a totalidade das prazas ofertadas en cada un dos obradoiros con temática adaptada a esta época.”

A dita iniciativa xurdiu para “potenciar a creatividade da veciñanza e amosa-la recuperación de profesións tradicionais e a elaboración de obxectos de maneira manual que se estaban perdendo.”

Nas semanas previas tamén se ensinou sobre esmaltado en po sobre metal en cocción a baixa temperatura, con Latonta y Larubia; estampaxe, da man de Amor o Teu; e adornos, grazas a Como pez en el agua.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...