“A miopía propiciada polos intereses políticos, non é boa”. Antón Luaces

22 Decembro 2024

Non sei se o problema do deputado Núñez Feijoo é unha miopía que non lle permite ver a realidade política do país no que vive como presidente do PP nacional, ou unha deformación desa realidade propiciada pola intervención cirúrxica recentemente practicada a causa dun desprendemento de retina. Talvez exista unha terceira causa (coa que non se especula). Mais o certo é que Alberto Núñez Feijoo dende que non foi nomeado presidente de España “porque non quixo”, ten unha rara (deformada?) visión da realidade española.

Tamén pode ser que se trate dunha deformación interesada. Como cando dí, en relación cos datos do paro xuvenil (menores de 25 anos) quen escala ás galloupadas cando a realidade o desminte: 265.598 en novembro de 2019, e 196.704 en novembro de 2024; ou que o de España é un “emprego ficticio” e vai o xornal britànico The Economist e non só corrixe os datos facilitados polo expresidente da Xunta senón que convida a copiar a España na súa andaina económica.

Estará convencido realmente o presidente do PP de que a súa é a verdade indiscutible, de que os datos válidos son os seus e non os do Goberno e outras institucións?. Realmente a verdade indiscutible é a súa e a do presidente Pedro Sánchez é un amaño?. Como se pode distorsionar unha realidade que calquera que baralle cifras, datos pode evidenciar que son pura manipulación?.

Realmente, non o entendo. Porque, verdadeiramente, é Feijoo quen se engana a sí mesmo, por máis que se obstine en dicir o contrario. 

Que a realidade non é a que desexamos?. Certo. Pero non aceptar o evidente (que as cousas están mellor do que o estaban) é tragar sapos descomunais e un canto ao sol que non beneficia a ninguèn. Nen sequera ao propio Feijoo e as súas arelas de residir por un tempo no palacio da Zarzuela.

Cando se darán de conta de que os españois xa hai anos que non  somos aqueles que viviamos á sombra das siglas dos partidos políticos, por máis que estes nos interesen como  canalizadores das nosas inquedanzas nese eido?.

A miopía, o desprendemento retinal, teñen amaño. A mentira, nen sequera tan desculpa.   

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.