A colaboración da Xunta coa USC permite obter estirpes de berberecho resistentes á baixa salinidade

10 Decembro 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño – INTECMAR, Covadonga Salgado, acompañados do director do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Carlos Gabín, participaron este martes 10 de decembro na presentación do proxecto Resalber, que busca a obtención de marcadores moleculares de resistencia á salinidade do berberecho (Cerastoderma edule).

Este traballo xorde logo da sinatura do convenio asinado no mes de novembro entre o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López. Será executado polo Acuigen de xenética aplicada á acuicultura e á conservación dos recursos biolóxicos e especializado na xenética e o xenoma de moluscos bivalvos e contará coa colaboración do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA).

A colaboración da Xunta de Galicia e a USC establece un financiamento plurianual que supera os 174.000 euros, así como a actividade investigadora que se prolongará ata o ano 2026, momento no cal presentarase o informe cos resultados finais. Para levar adiante esta experiencia desenvolveranse diversas fases de experimentación.

A primeira fase consiste en obter semente de berberecho procedente de reprodutores recollidos no medio mariño, en particular unha cohorte procedente da ría de Arousa e outra de Anllóns para trasladalos ás instalacións de criadeiro de moluscos do Centro de Investigacións Mariñas de Corón (Vilanova). A partir da introdución destes reprodutores no criadeiro ten lugar a posta de gametos, a súa fecundación, o cultivo larvario en condicións controladas, ata alcanzar individuos de berberecho con tamaño entre 3 – 7 mm.

Estes xuvenís son sometidos a situacións de salinidade extrema, desde 0‰ ata 15‰, unha vez realizado este test de tolerancia ás baixas salinidades, procederase por parte do departamento de zooloxía, xenética e antropoloxía física da USC a deseñar unha ferramenta de xenotipado para a análise xenómica, realizarase un xenotipado das mostras procedentes do test de tolerancia a baixas salinidade.

Con toda esta información e coa axuda da ferramenta de xenotipado procurarase en 2026 localizar uns novos reprodutores de berberecho que presenten os marcadores de resistencia ás baixas salinidades e iniciarase un novo proceso reprodutivo en criadeiro coa finalidade de obtención de semente destes exemplares seleccionados para validar se as súas crías herdan esa tolerancia a situacións de baixa salinidade.

Por outra banda, nesta xornada tamén se presentaron outra serie de accións de investigación, que están relacionadas cos avances da acción de investigación na que se analiza en dous puntos de cultivo de mexillón con distinto hidrodinamismo as evidencias de desprendemento de mexillón, así como co seguimento de dúas patoloxías que afectan ao berberecho, a neoplasia diseminada e a Marteilia cochillia; e un censo dos parasitos que están presentes na volandeira. Estas últimas accións investigadoras están financiadas na súa totalidade pola Consellería do Mar.

Outros artigos

A Deputación presentará en FITUR a súa nova campaña de turismo

O salón FITUR, referente turístico estatal e internacional, será o escenario de presentación da nova campaña de promoción turística da Deputación da Coruña, nun acto previsto para o mércores 22 ás 14h, e que contará tamén co protagonismo da Vía Verde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...