
A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) presentou os detalles da súa Campaña de Nadal 2024, unha proposta chea de actividades pensadas para toda a familia, que se desenvolverán en diferentes localizacións do municipio. O obxectivo é “achegar o espírito do Nadal á veciñanza mentres se impulsa e dinamiza o comercio local”.
Dentro da programación destacan actividades con inchábeis, obradoiros creativos e atraccións especiais nas seguintes datas e lugares:
21 de decembro (Campo de Pazos en Taragoña) e 2 de xaneiro (Atalaia en Asados).
Horario: De 17:00 a 21:00 horas.
Actividades: Inchábeis e obradoiros para todas as idades.
22 de decembro e 3 de xaneiro
Praza de Castelao (Rianxo).
Horario: De 17:00 a 21:00 horas.
Actividades: bola de Neve xigante temática Nadal (todas as idades), inchábeis para a cativada de 3 a 16 anos, varredora Eliminator (todas as idades), campo de fútbol Champions (todas as idades) e a adobíos de Nadal xigantes.
23 de decembro e 4 de xaneiro
Praza de Castelao (Rianxo).
Horario: De 17:00 a 21:00 horas.
Actividades: inchábeis tamaño XXL con dobre tobogán temática personaxes (de 5 a 16), inchábeis para a cativada de 3 a 16 anos, unicornio mecánico (todas as idades), parede interactiva do oeste (todas as idades) e dous adobíos Nadal xigantes.
Ademais destas actividades, a Asociación Rianxeira de Empresarios levará a cabo un sorteo de vales de compra entre os clientes do comercio asociado. Por cada compra realizada nos establecementos participantes, os clientes recibirán rifas que lles permitirán optar a estes premios, como agradecemento polo seu apoio ao comercio local. O sorteo celebrarase o 8 de xaneiro de 2025.
A maiores levarase a cabo unha colaboración coas Juadalupeñas Rianxo na festa de Fin de Ano na que haberá un sorteo de premios e agasallos. Desde a ARE faise unha contribución de 200 € en vales de compra que os gañadores poderán gastar nos negocios asociados que tamén colaborarán aportando, para o sorteo, vales desconto.
A ARE engade que “se as condicións climáticas nos obrigan, as datas e localizacións das actividades poderán ser modificadas, en tal caso, informarase puntualmente a través da nosa web, www.are.gal, e das redes sociais da ARE”.
Para a realización desta campaña contase coa colaboración do Concello de Rianxo e tamén da Xunta de Galicia que cofinancia parte da actividade e da Deputación da Coruña que subvenciona outra parte do custo.




