A Agrupación Astronómica Ío celebra a Rosalía na Casa Museo de Padrón e no Planetario da Coruña

16 Decembro 2024

A figura de Rosalía de Castro centra esta semana dúas importantes citas culturais, con conexións directas ao firmamento.

O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome de Rosalíadecastro unha estrela na constelación do Serpentario. Para celebrar o quinto aniversario dese fito histórico a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, entidade promotora da campaña en
favor da estrela Rosalía, organiza esta semana dúas actividades:

-No auditorio da Casa de Rosalía en Padrón o propio martes 17 de decembro, ás 19h, haberá un relatorio a cargo de Martin Pawley co título O ceo de Rosalía no que a astronomía virá dada a partir dos textos da escritora. A entrada é libre. Máis información, na web da Fundación Rosalía de Castro.

-O 18 de decembro, mércores, ás 19:30, no Planetario da Casa das Ciencias, baixo o mesmo título, O ceo de Rosalía, Martin Pawley contará historias da astronomía a través dos textos da nosa poeta e vivirase unha sesión especial de planetario arredor da escritora e a súa estrela da man dos Museos Científicos Coruñeses. A actividade é gratuíta até completar a capacidade da sala e non require inscrición previa. As entradas empezarán a repartirse a partir das 19:15 na entrada da Casa das Ciencias. Non se permite o acceso unha vez iniciada a actividade. Temos máis información na web da Agrupación Ío.

Martin Pawley (A Coruña, Galicia, 1974) é crítico (Nós Diario, Caimán Cuadernos de Cine, blog Acto de primavera), programador e produtor de cinema (Costa da Morte de Lois Patiño, 2013). Como divulgador científico especializado en astronomía colaborou en diversos programas de radio e dende 2019 publica un artigo sobre contaminación luminosa cada mes na revista Astronomía. Gañou o premio da Federación de Asociaciones Astronómicas de España ao mellor divulgador astronómico en 2018. É membro dende 2002 da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, entidade gañadora dunha mención de honor nos Premios Prismas da Casa das Ciencias en 2020, o Premio Rosalía de Castro de lingua da Deputación da Coruña en 2021 e o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas en 2023.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.