A AEP reivindica as compras locais en Portosín na súa nova Campaña de Nadal

10 Decembro 2024

A Asociación de Empresarios de Portosín (AEP) puxo en marcha este mes de decembro a súa Campaña de Nadal 2024-2025, coa finalidade, novamente, de fortalecer a actividade comercial na vila durante estas datas festivas ao tempo que se premia e recompensa a fidelidade de veciños e visitantes co sector local. Na campaña, que se presenta baixo o lema Mercando no teu pobo gañamos todos, cada cliente que faga unha compra nos establecementos asociados da AEP entrará nun gran sorteo de 500 euros.

Ata o 6 de xaneiro poderemos participar na campaña e, ademais, o día 7 de xaneiro está previsto que se celebre o sorteo do premio de 500 € na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 16.30 horas: unha cita aberta a toda aquela persoa que queira asistir.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.