Un coche colidiu contra un guindastre que prestaba asistencia na AP-9 e deixa catro persoas feridas en Padrón

11 Novembro 2024

Todas elas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pouco antes das 20 horas do domingo, o condutor dun guindastre contactou co 112 Galicia desde a AP-9, á altura de Cruces. Estaba recollendo un vehículo avariado no quilómetro 87 cando outro coche colidiu contra eles, deixando catro persoas feridas.

Tres dos implicados puideron saír polos seus propios medios; con todo, unha das ocupantes do turismo era incapaz de facelo. Os efectivos do GES de Padrón trataron de retirala polo maleteiro, pero finalmente tiveron que excarcerala.

As persoas foron evacuadas ao hospital, mentres que no operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autoestrada.

GES Padrón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.