Terremoto de magnitude 3.1 rexistrado preto de Pontevedra

06 Novembro 2024
IGN

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou durante a madrugada deste mércores 6 de novembro un terremoto de magnitude 3.1no interior da provincia de Ponteevedra. O epicentro situouse a só 6 quilómetros de Cuntis, e rexistrouse a unha profundidade de varios quilómetros.

Afortunadamente, debido á baixa intensidade do terremoto, non se produciron danos materiais nin persoais. O tremor foi percibido en localidades próximas como Moraña, A Estrada e Campo Lameiro.

O IGN puxo ao dispor dos cidadáns un cuestionario macrosísmico para informar sobre o sucedido durante e despois do tremor. A través deste cuestionario, os afectados poden axudar á institución pública achegando detalles sobre as súas experiencias, coma se estaban durmidos ou espertos, a súa reacción ante a sacudida e se os obxectos movéronse ou caeron ao chan. Estes datos, xunto cos recolleitos polos sismógrafos, son “imprescindibles” para elaborar un escenario do ocorrido e alertar á poboación sobre a intensidade dos terremotos e calcular os posibles danos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.