Sometida a información pública o proxecto de trazado da 1ª fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia

29 Novembro 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de trazado da 1ª fase de conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Brión-Noia (CG-1.5), que suporá un orzamento que rolda os 29M€.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio, que tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241129/AnuncioG0181-251124-0001_gl.html

O prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.

A previsión é aprobar o proxecto no 2º trimestre de 2025, para a continuación realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar as obras ao longo do ano. O prazo de execución é de 18 meses, aínda que se concretará nos dous proxectos construtivos que se derivarán deste proxecto de trazado.

O obxectivo é converter en autovía o treito comprendido entre os quilómetros 11+640 e o 21+300, realizándose o desdobramento para a autovía cara ao lado esquerdo da vía de altas prestacións CG-1.5, polo que se manterá a estrutura actual ao situarse no lado contrario do carril lento. Isto favorecerá que se poida manter a funcionalidade durante o transcurso das obras.

Cómpre lembrar que durante a realización das obras desta vía en calzada única xa se tivo en conta a futura conversión en autovía, cun trazado axeitado. Para iso na execución da vía de altas prestacións Brión-Noia realizáronse os movementos de terras principais da obra e os pasos superiores e inferiores, que non é necesario ampliar salvo no caso do paso inferior situado no quilómetro 11+990.

En concreto, a estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha das modificación consistirá na reconstrución dos noiros do desmonte  na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección.

Actualmente o treito obxecto deste proxecto de trazado da vía de altas prestacións Brión-Noia conta con dous enlaces a distinto nivel, Urdilde e Martelo, e cun ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago. Os dous enlaces conservaranse, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Así os enlaces deste novo treito de autovía estarán en Urdilde, no punto quilométrico 15+400, a 3,4 quilómetros do anterior enlace en Brión; e en Martelo, no punto quilométrico 18+930 a 3,53 quilómetros do anterior enlace.

No caso do viaduto de Naveira, proponse unha ponte xemelga á existente, coa peculiaridade de que os pilotes de 1 metros de diámetro dos estribos xa están executados. O viaduto terá 7 vans de 40 metros de luz entre eixos de pilas. Estas serán fustes octogonais ocos. O taboleiro terá unha anchura de 11,50 metros

Outros artigos

Martes 10, nubes e claros e temperaturas baixas

A situación meteorolóxica manterase estable este martes con ventos do nordés, que seguirán canalizando aire frío procedente do interior do continente europeo. Os ceos presentarán nubes e claros, con chuvascos que serán máis frecuentes e intensos na metade norte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...