O sábado quedaremos nunha situación intermedia entre a profunda borrasca “Bert” situada ao oeste de Irlanda e as altas presións no Mediterráneo. Esta configuración deixará un corredor de ventos fortes do sur, con ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, e algúns orballos a primeira hora no oeste da provincia da Coruña. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará forte de compoñente sur, con refachos moi fortes ao final do día.
Atención para sábado 23: Refachos superiores aos 80 km/h no litoral e zonas altas.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 6 a 8 á mañá, 7 a 8 á tarde e 7 a 9 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



