Ribeira converterase en capital da arte urbana co I Salmoira Festival Mural

14 Novembro 2024

Auga saturada de sal, particularmente aquela que servía para conservar carnes, peixes e outros alimentos, este elemento foi crucial para o desenvolvemento de Ribeira a finais do século XIX e con iso a súa pegada na arquitectura, os almacéns e as fábricas de salgadura deseñaron a fachada marítima de Ribeira, onde hoxe se aprecian edificios grandes e altos pero onde ata as pasadas décadas había almacéns e fábricas. Este relato e o seu diálogo coa Ribeira do século XXI é o fío condutor da primeira edición do Salmoira Festival Mural, organizado pola Concellaría de Cultura, que foi presentado este 14 de novembro polo rexedor Luís Pérez Barral, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o deseñador gráfico ribeirán Bernardo Paz e a pintora e muralista compostelá, Raquel Germade.

Explicaron que nesta I edición de Salmoira Festival Mural faranse tres murais en fachadas de Ribeira pintadas polas artistas Raquel Germade na zona do aparcadoiro de Avesadas, Fernando Yáñez (Art for Dent, asociación da enfermidade de Dent) na rúa de Galicia e Nove Noel (Rianxo) en Bandourrío; onde se establecerá ese diálogo co pasado da cidade e a sensibilidade muralista contemporánea.

A concelleira Antía Alberte sinalou que é un proxecto no que se leva traballado moitos meses xunto co deseñador local Bernardo Paz (Ribeira) e co muralista Nove Noel (Rianxo). “O nome do proxecto fai referencia a poñer en valor ese patrimonio histórico, industrial e pesqueiro da cidade e paralelamente dar a coñecer todo o potencial artístico de Galicia no tema do muralismo”, destacou, apuntando que non só haberá murais senón tamén terán cabida obradoiros para a cativada, relatorio, documentais e demais accións.

Explicaron tamén que “a argamasa deste proxecto é humanizar Ribeira, como cidade con patrimonio industrial, enchela de murais servirá para poñer en valor a cultura do mural e o patrimonio histórico industrial da salgadura até a actual cultura da conserva”.

Ademais, “contribuirá a restaurar moitos espazos que temos na cidade que pasan desapercibidos como o que teño ás miñas costas coa figura do fillo predilecto de Ribeira, Manuel Ayaso”, sinalou a concelleira en alusión ao mural que abre o festival, na zona de Padín, a xeito de homenaxe ao senlleiro artista de Aguiño, recentemente falecido.

Explicou tamén que “unha vez rematadas as intervencións farase unha mesa-coloquio na Casa da Xuventude para que toda a veciñanza interesada poida establecer unha conexión cos actores principais do proxecto e poder aportar ideas ou inquedanzas”.

Por outra banda Alberte felicitou especialmente aos veciños e veciñas de Ribeira que foron receptivos con este evento cultural.

Para rematar o alcalde, Luís Pérez Barral, manifestou o agradecemento a tódolos implicados no proxecto “con Salmoira queremos festexar a cultura e sobre todo cambiar a percepción dos entornos, porque sabemos que a arte urbana ten a capacidade de contar historias de conectar persoas e incluso de cambiar a nosa percepción sobre elementos urbanísticos degradados e por tanto, dende o Concello de Ribeira propuxémonos botar a andar unha iniciativa única neste concello mediante a cal poidamos contar historias da nosa vila para o mundo. Con este evento cultural o que pretendemos é transformar eses deseños urbanísticos que se fixeron no pasado e que teñen un impacto visual grande na nosa contorna para darlles a volta e poñelos en positivo coas historias do noso concello”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.