Rianxo organiza unha completa axenda de actos polo 25N baixo o epígrafe “Camiñando cara a igualdade”

18 Novembro 2024

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza as xornadas Camiñando cara a igualdade no marco da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este 25 de novembro.

Durante varios días levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas, actos reivindicativos e obradoiros co obxectivo, entre outros, de chamar a atención sobre as diferentes formas de violencia que sofren moitas mulleres no seu día a día, segundo confirmou o Concello.

A axenda comezou este venres 22 coa representación da obra Soa, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

Proseguirá o luns 25, nun acto institucional na Casa do Concello, ás 12.00 horas, que inclúe a lectura dun manifesto contra a violencia.

O martes 26 de novembro celebrarase un faladoiro con Montse Fajardo, autora de Invisibles. Será ás 19.30 horas no Auditorio Municipal. Montse Fajardo, xornalista e escritora de Vilagarcía, falará en Rianxo das diferentes facianas da violencia machista dende o punto de vista de diferentes vítimas.

O xoves 28 celebrarase un obradoiro anti-agresións no CEP Brea Segade, baixo o epígrafe Promoción da igualdade e o bo trato. Será ás 19.00 horas. Abordarase a relevancia da igualdade e o bo trato en todos os ámbitos da vida, dende as relacións familiares até o ambiente familiar.

A axenda do 25 en Rianxo rematará venres 29, co obradoiro Autoestima, benestar e saúde con perspectiva de xénero. Será nas Escolas Vellas da Atalaia, ás 19.00 horas. A través desta actividade, as persoas participantes descubrirán como as normas de xénero inflúen na súa autoimaxe e benestasr.

Organiza o Concello de Rianxo ao abeiro do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.