O Concello de Boiro recibe aos deportistas do Club de Piraguismo Rias Baixas – Boiro logo da súa participación no campionato do mundo de barco dragón celebrado en Filipinas. O goberno local parabenizou aos deportistas pola conseción dunha medalla de ouro e outra de prata coa Selección Española.
“Participar nun campionato do mundo resprestentando a España é unha experiencia inolvidable e máis facelo en Filipinas, que é a cuna do barco dragón”, afirmou o presidente do Club, Sergio Pérez Treus, que recoñeceu que o nivel era alitismo por “competíamos con países como Tailandia, Filipinas, Singapur que son unha potencia mundial desta modalidade”.
O obxectivo do club para este ano, gracias á participación neste campionato do mundo, é a clasificación para os World Games do ano 2025 que se van celebrar en China, para o que presenpresentarán tamén unha
embarcación ao selectivo interno nacional para volver a representar a España.
“Para o Boiro é un orgullo ver os éxitos que está acandando este club, levando o nome de Boiro por todo o mundo e facelo nunha disciplina moi nova como é a modalidade do barco dragón e facerse campións do mundo”, recoñeceu o alcalde que man ifestou o compromiso do Concello de Boiro co deporte en todas as modalidades: “somos unha referencia a nivel deportivo e queremos seguir apostando por iso, especialmente polos valores que infunde nos nosos rapaces e rapazas”.
O aparcadoiro do Centenario de Ribeira renova o sistema de xestión e a maquinaria
O Concello de Ribeira deu un novo paso adiante na renovación integral do aparcadoiro do Centenario co obxectivo de “achegar o mellor servizo posíbel” á veciñanza. Segundo informou o Executivo local, a partir deste 11 de decembro xa opera o novo sistema de ticketing...