Prosegue a Mostra de Teatro do Son con “Arte sen guión” (este sábado na Casa da Cultura)

26 Novembro 2024

Ese 30 de novembro proseguen as funcións da primeira Mostra de Teatro de Porto do Son. Farao co espectáculo Arte sen guión, unha peza de Miguel Canalejo que producida polo Centro Dramático Galego e Galeatro que tenta, dende as ferramentas da improvisación contemporánea, responder á seguinte pregunta: existiu o teatro medieval galego? Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época. Unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.

A función será este sábado 30 de novembro na Casa da Cultura de Porto do Son ás 21.00 horas. As entradas pódense adquirir na oficina da Área de Cultura do Concello, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Ás 21.00 horas pecharanse as portas do auditorio (prégase puntualidade).

Intérpretes: Alba Bermúdez, Miguel Canalejo, Cris Iglesias, Nacho Martín e Patricia Martínez.

Dirección e dramaturxia: Miguel Canalejo

Espazo Sonoro: Nacho Martín

Deseño Escenografía: Alba Bermúdez

Vestiario: Anahí Taraburelli

Iluminación: Gonzalo Porteiro

Espectáculo Co-Producido por CDG e Galeatro Compañía de Teatro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...