Programa “Dias sen cole” servizo de conciliación Nadal 2024 en Ribeira

28 Novembro 2024

O programa de conciliación celébrase dende hai anos como unha programación estable adquirindo grande demanda e satisfacción cidadá. Nesta ocasión, éde interese da área dos Servizos Sociais Comunitarios impulsar o programa de conciliación durante as vacacións do Nadal 2024, coincidindo coas datas das vacacións escolares, de luns a venres –excepto festivos- de 08:30 a 14:30 horas e destinados a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 10 anos co obxectivo de que os máis novos pasen unhas vacacións de ocio e divertimento, aprendendo contidos de todo tipo e en ámbitos relacionados coa cultura, igualdade, o medio ambiente ou as novas tecnoloxías…


Co fin de poder abrir un período de preinscrición para esta actividade, proponse a publicación dunha normativa de admisión así como do prezo público de matrícula que deberán aboar os participantes –a través da modalidade de autoliquidación- unha vez confirmada a súa reserva de praza correspondente, no período que se estableza e achegando a documentación requirida.
E polo tanto establécense os seguintes prezos e modalidades de matrícula pola asistencia a dita actividade:
PROGRAMA DIAS SEN COLE-SERVIZO DE CONCIALIACIÓN NADAL 2024: Prezo de matrícula: 40 €
Interesados en contribuír na diminución do esforzo que pode representar para familias en situación de vulnerabilidade ou circusntancias especiais, e co fin de facilitar a participación dos nenos e nenas nesta actividade, proponse a aplicación dun desconto do 20% sobre o importe de matrícula aos fillos/as das familias que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias, e asío acrediten previamente mediante a aportación dos documentos pertinentes (non seráacumulativo no caso de darse máis dunha circunstancia):

  • Familias que teñan o TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
  • Familias acolledoras ou monoparentais que o acrediten documentalmente co certificado oficial.
  • Familias con dous ou máis inscritos/as nesta actividade: o desconto aplicaríase na matrícula do segundo fillo/a e sucesivos.
  • Familias nas que, ao menos, un dos seus membros sexa DESEMPREGADO/A DE LONGA DURACIÓN (que teñan acreditado un período de inscrición ininterrompido como desempregados/as na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade, e de 365 días se fosen maiores de 25 e menores de 45 anos de idade, debendo presentar vida laboral e/ou certificado de períodos de inscrición na Oficina de Emprego).
  • Familias nas que o propio participante acredite unha DISCAPACIDADE DE AO MENOS O 33% (acreditando tal condición co certificado de discapacidade).
    Na mesma liña proponse a reserva do 10% das prazas (bonificación 100% taxas) para emerxencia social, estando estes participantes exentos do pago da matrícula correspondente. Estes participantes deberán derivarse dende a área dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira a través dun informe ou relación detallada elaborada polos profesionais do departamento.

PRAZOS E FORMAS DE PAGO:
As persoas que aparezan como admitidas na listaxe deberán realizar o pagamento do importe correspondente (con ou sen bonificación) mediante autoliquidación do 16 ao 19 de decembro.
Aqueles participantes admitidos que non realicen o pago neses prazos non poderán asistir á actividade e serán dados de baixa en beneficio da listaxe de agarda. *INSTRUCCIÓNS DE REALIZACIÓN DE PAGO: Entrar na web municipal www.ribeira.gal, no apartado SEDE ELECTRÓNICA-TRÁMITES DESCATADOS – AUTOLIQUIDACIÓNS, e cubrir os datos que se requiren para o “TRIBUTO: PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS” seleccionando
no apartado datos de cálculo: Tipo de actividade: opción do campamento correspondente – meses inscritos – bonificación: si ou non”. O pago poderáfacerse directamente a través da opción PAGAR ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e realizalo na sucursal bancaria ou no seu caixeiro. Importante: antes de realizar o pago deberase verificar que o importe que se amosa na pantalla corresponde co da modalidade de campamento escollida.
Unha vez realizado o pagamento deberase entregar a xustificante do mesmo no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS antes do día 20 de decembro; será requisito indispensable para o acceso e participación na actividade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...