Porto do Son presentou este 25N o seu IV Plan de Igualdade

25 Novembro 2024

Porto do Son presentou este 25 de novembro o seu IV Plan de Igualdade 2024/2028, no marco das actividades programadas polo Concello con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

No acto de presentación participaron o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo e o concelleiro de Benestar Social e Igualdade, José Luis Lijó. Tamén participaron Cristina Fontaiña García, psicóloga da área de Benestar e Igualdade; Elena Calo Pouso, educadora Social da área de Benestar e Igualdade e Alba Pérez Fernández, directora do Proxecto Exeria e encargada da elaboración do Plan de Igualdade 2024/2028.

Segundo fixeron saber, entre os obxectivos desta ferramenta destacan “promover, impulsar e incrementar unha participación activa da muller na sociedade; sensibilizar á veciñanza sobre a desigualdade de xénero existente na sociedade; impulsar a coeducación e a progresiva eliminación do sexismo na escola, así como a segregación por razóns de xénero na comunidade; previr posíbeis situacións de violencia de xénero e levar a cabo medidas de protección en favor da muller vítima de violencia de xénero”.

Trala presentación, o rexedor destacou que “este plan de igualdade que vimos a presentar non é só un documento, senón que tamén é unha folla de ruta cara unha sociedade más inclusiva e equitativa, que inclúen medidas de prevención, protección e apoio ás vítimas, así como a sensibilización e educación da nosa comunidade”.

Pola súa banda, Lijó indicou que “este IV plan recolle un estudo sociolóxico onde se radiografía a situación da muller no noso concello, comparándoa coa contorna, para logo establecer unha serie de obxectivos diferenciados por áreas, onde faremos especial fincapé na sensibilización e erradicación da violencia de xénero”.

Porto do Son di NON á violencia de xénero

Ademais, o Concello organizou diversas actividades no marco deste 25N e baixo o lema Porto do Son di NON á violencia de xénero.

Así, realizouse o encontro Hai saída grazas a ti, celebrado o pasado 18 de novembro e dirixido ao alumnado do IES Porto do Son. O 21 de novembro tivo lugar no Centro de Interpretación Castro de Baroña a acción formativa Educación sexual en familia, dirixido a pais / nais / titores legais ou responsábeis na crianza.

Este luns 25N celebrouse a actividade Aquagym en igualdade, un curso aberto a toda a veciñanza adolescente e adulta que se realizou na Piscina Municipal.

Tamén, o vindeiro 4 de decembro levarase a cabo un Curso de prevención de malos tratos e violencia de xénero contra mulleres maiores, dirixido a persoas maiores e profesionais do sector da terceira idade.

Ademais, do 23 ao 30 de outubro realizouse un programa formativo para o impulso da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero de Porto do Son. O obxectivo da formación foi o de facilitar claves para o traballo grupal e a dinamización e participación dos axentes que forman parte das mesas locais, a través da mellora das capacidades para a organización e a dinamización de procesos de traballo e de toma de decisión.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...