Paco Nogueiras leva a Caamaño (este domingo) o seu espectáculo “Radio Bulebule”

12 Novembro 2024

Seguen en Porto do Son as actividades para a rapazada do I Ciclo Cultural Infantil Itinerante. Este domingo 17 de novembro será a quenda do músico multiinstrumentista Paco Nogueiras, que achegará o seu espectáculo Radio Bulebule. Será na Casa da Cultura de Caamaño a partir das 18.00 horas.

A entrada é gratuíta até completar o aforo do recinto (non será preciso recoller entradas).

Organiza a Área de Cultura de Porto do Son en colaboración coa Deputación da Coruña.

En Radio Bulebule Paco Nogueiras rende homenaxe á comunicación radiofónica e á súa capacidade para facernos chegar mensaxes a prol da diversidade, o coidado do medio, a vida saudábel ou a cultura e a lingua galega. Radio Bulebule é, en palabras do seu creador, “unha radio itinerante, ambulante e cantante que retransmite para o mundo en linguaxe universal”. Paco Nogueiras convídavos neste espectáculo a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. Trátase pois da “mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal”.

Traballo premiado na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.