Pablisimo visita Baroña este domingo ao abeiro do I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son

05 Novembro 2024

Prosegue a primeira edición do Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son, impulsado pola Área de Cultura municipal co apoio de entidades como a Deputación. A seguinte cita será esta fin de semana, o domingo 10 de novembro, co espectáculo Cabicivai de Pablísimo, compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez.

Cabicivai é una función producida por Urdime para público infantil e familiar de 45 minutos de duración, aproximadamente. A sinopse é sinxela: trátase dun espectáculo sobre rodas, cunha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns “dos que pode saír calquera cousa”. Será este domingo 10 na Casa da Cultura de Baroña, a partir das 18.00 horas e con entrada gratuíta (non é preciso recoller entradas).

Segundo adiantan dende o Concello, os espectáculos de Pablísimo, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia.

Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos mesturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.


Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...