
O alcalde de Outes, Manolo González, e o concelleiro de Deportes e Servizos Sociais, Tono Caamaño, recibiron este xoves 14 de novembro, nas instalacións de Outes Motor, o novo vehículo destinado ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello e financiado na súa totalidade pola POS+ Social da Deputación da Coruña.
Con estas axudas, a institución provincial quere atender unha das principais demandas dos concellos e das traballadoras do SAF (principalmente) dos concellos máis pequenos e onde hai máis poboación maior dispersa que obriga ás profesionais a facer máis quilómetros diarios, como é o caso do termo municipal de Outes. Neste senso, a Deputación incrementou de 4 a 9,1 millóns de euros o orzamento dispoñíbel para financiar o SAF nos concellos.



