O Concello de Outes vai celebrar o 25N (Dia Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres) con varias actividades os días 23 e 25. Na primeira das xornadas (a do 23) a Casa da Cultura acollerá ás 20h o concerto Voces en Feminino, Outes contra a violencia de xénero, e contarase coa presenza de Esperanza Mara, Rut Amor e Marián. Haberá lecturas de veciñas do concello e a presentación correrá a cargo do concelleiro de Igualdade e Benestar. O día 25 vaise levar a cabo unha concentración diante da Casa do Concello ás 12.30h.




