Este sábado 9 de novembro temos festa no Campo de Revelar (Boiro), coa nova edición (2024) do Magosto da Boliña, a partir das 18.00 horas. Trátase dunha celebración veciñal organizada pola Comisión de Festas da Boliña, coa colaboración do Concello de Boiro. Haberá unha vertente gastronómica, coa habitual degustación de castañas e viño, e tamén unha vertente musical, coa actuación do grupo tradicional A Dorniña de Abanqueiro. A axenda de actividades tamén inclúe agasallos: celebrarase o sorteo de tres lotes de Nadal entre as persoas participantes no Magosto.




