O grupo Charamela de Melide inaugurou a Mostra de Teatro Afeccionado de Aguiño

20 Novembro 2024

O pasado sábado 16 de novembro inaugurouse ás 20.00 horas a 15ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Aguiño, organizada pola Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño. A apertura das actividades correu a cargo do grupo de teatro Charamela de Melide. Algo mais dun cento de persoas achegáronse ao Conservatorio de Aguiño para gozar durante hora e media deste espectáculo de humor (Quen o diría?) dirixido por Mari Gomez Neira, que mobiliza no escenario unha decena de actores e actrices.

Respecto da vertente solidaria axenda da Mostra, a entrada é de balde para as 4 funcións nos vindeiros sábados pero recadáronse donativos destinados aos damnificados pola DINA en Valencia que a Asociación xa doou ao proxecto Pegasus de Ruben Lijò (logo de adiantar 500€ o primeiro día e co obxectivo de entregar integramente toda a recadación que se consiga durante a mostra ata o 7 de decembro).

Ao inicio da primeira xornada presentaron o ciclo teatral a presidenta da AFLM Elvira Pisos e o vicepresidente Unai González aproveitando para agradecer á Concellería de Cultura de Ribeira, a Deputación da Coruña e distintas empresas colaboradoras a súa implicación para que a mostra poida celebrarse, cumprindo xa tres lustros de andadura dende o seu inicio en 2009.

Este vindeiro sábado 23/11 ás 20 h será a quenda da Agrupación Teatral Pedroso de Narón co seu espectáculo A inmortal de Bety Couce.

Cartel

O cartel deste ano inclúe as seguintes funcións: Quen o diría! de Charamela de Melide (o 16 de novembro); A inmortal do Grupo O Pedroso de Narón (o 23 de novembro), Sombras na noite do Grupo Chumpá de Cuntis (o 30 de novembro) e Entrañas negras, do Grupo Disfunción Continua da Estrada (o 7 de decembro).

As funcións serán coma sempre ás 20.00 horas no Conservatorio de Aguiño na rúa Castelao e nela colaboran no programa a Concellería de Cultura de Ribeira, a Deputación da Coruña e empresas como CONRESA, Farmacia Mariño ou Digar de Artes, entre outras firmas e entidades a través dun patrocinio anual para a organización de toda a programación da entidade cultural de Aguiño, e con colaboración doutras entidades do resto da contorna como Barbantia, Sons, Irimia ou Bailadela.

Elvira Pisos e Unai González na inauguración do certame teatral de Aguiño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.