O Elma acolle cine e teatro durante esta fin de semana

11 Novembro 2024

Cine e teatro daranse cita nesta fin de semana no Teatro Cine Elma. “Se as artes escénicas foron gañando cada vez un maior peso na axenda cultural do outono ao longo dos anos, agora decidimos incorporar o celuloide para recuperar así máis a esencia do Teatro Cine Elma”, declarou a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

Por iso, arrancan os Venres de cine que traerán un total de sete aclamados filmes á localidade durante o 2024-2025. Este ciclo comeza coa proxección de O corno no venres 15, ás 21.00 horas. Trátase dun drama ambientado na Galicia dos anos 70. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco, pero tamén é coñecida por axudar a outras mulleres no parto. Tras un suceso inesperado, vese na obriga de fuxir e emprender unha perigosa viaxe que a levará a cruzar unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

E tamén haberá unha nova representación; a terceira ao abeiro do ciclo teatral do outono que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Verdeveras Expresións Artísticas convida á reflexión no domingo 17, ás 19.00 horas, con As formas do amor: el e ela foron parella; foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida porque poñen todo patas arriba e, logo de tanto tempo de separación, tal vez sexa o día xusto para atoparse novamente pola primeira vez.

E n ámbolos casos, o acceso é libre ata completar a cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...