O Concello do Son convida á veciñanza a decorar os seus domicilios co seu terceiro Concurso de Nadal

27 Novembro 2024

O Concello de Porto do Son compartiu os detalles da terceira edición do seu Concurso de Nadal destinado á iluminación e decoración exterior de vivendas no termo municipal. Repartiranse premios entre as tres mellores propostas: un lote de Nadal valorado en 150 euros, un lote de Nadal de 100 euros e outro de 50 euros.

Poderán participar de balde neste concurso todas as persoas veciñas de Porto do Son que decoren o exterior dos seus domicilios situados no termo municipal coa iluminación e/ou os motivos de Nadal, apreciábeis dende a vía pública.

As inscricións están abertas até o 16 de decembro ás 12.00 horas. As persoas interesadas deberán enviar un vídeo onde se aprecie toda a decoración e a iluminación da vivenda adobiada á conta de correo portodosoncultura@gmail.com, a onde tamén terán que achegar o formulario de inscrición. De xeito complementario, a inscrición pode levarse a cabo presencialmente na Casa da Cultura de Porto do Son (rúa Atalaia, nº 11 15970 Porto do Son). O fallo do xurado farase público o 17 de decembro na páxina web do concello de Porto do Son e nas redes sociais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...