O Concello de Rianxo aprobou 1º Plan Estratéxico de Subvencións

28 Novembro 2024

O Executivo de Julian Bustelo aprobou esta semana o primeiro Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Rianxo. Segundo fixo saber o equipo de Goberno, o Plan, que afecta ao período 2024-2026, supón a mobilización de 90.000€ anuais para axudar e facilitar iniciativas, actividades e programas impulsados polos diferentes colectivos e entidades locais. As principais novidades do Plan son o incremento da partida orzamentaria relativa ás axudas que percibirán as entidades deportivas municipais a través dunha liña de subvencións por concorrencia competitiva, así como a previsión dunha partida anual para apoiar a actividade de dinamización desenvolvida polas asociacións de empresarios e comerciantes.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.