O Concello de Outes comparte os horarios da terceira edición do concurso local de tapas

20 Novembro 2024

O Concello de Outes compartiu os horarios dos distintos locais nos que se servirán as tapas da 3ª edición do concurso local enOutes de Tapas!, cuxa nova edición vaise desenvolver a partir desta fin de semana, os días 22, 23, 24, 29 e 30 de novembro e máis o 1 de decembro.

A través deste certame, veciñanza e visitantes poderán degustar e valorar as racións en formato pequeno deseñadas pola hostalaría local especificamente, para este evento. Nesta edición participarán 8 establecementos e a cidadanía valorará as tapas que probou a través dun “pasaporte” no que se cuñarán as visitas aos diferentes locais que vaia realizando. Entre as persoas que valoren as tapas sortearase unha cea para dúas persoas. Este ano participan Asador Albatros, A de Vila, Pepe do Coxo, O Taboleiro, John Turkey, Centro Social, Areal e Restaurante Fera.

Lembrar que na II edición do #enOutesdeTapas, certame local impulsado co obxectivo de reivindicar a gastronomía do municipio e visualizar e dinamizar o bo facer do sector hostaleiro, a tapa mellor valorada e que recibiu o premio conxunto dos membros do xurado e dos participantes foi o Polbo crocante (Pulpo crujiente) do Restaurante Pepe do Coxo, do Freixo. Segundo informou o Concello a xeito de balance, na edición 2023 servíronse case 5.500 tapas (o dobre que en 2022) e cunhas valoracións moi altas, tanto por parte dos participantes coma dos membros do xurado.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.