O Concello de Boiro financia a posta en valor da Casa dos Veciños de Mieites

07 Novembro 2024

O Concello de Boiro financiou a posta en valor da Casa dos Veciños de Mieites mediante un convenio asinado ao Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Mieites. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron ese 7 de novembro as actuacións realizadas, encamiñadas a poñer o inmóbel plenamente operativo a disposición da veciñanza.

Mediante unha subvención de 50.000 euros do Concello de Boiro levouse a cabo a mellora do centro coa colocación de novos forxados, renovación do teito, carpinterías de aluminio e outros elementos. “Estamos moi contentos de colaborar con asociacións para levar a cabo este tipo de actuacións que redundan na consecución de servizos para os veciños dun núcleo como neste caso é o de Mieites”, afirmou o concelleiro de Urbanismo e Obras.

Os usos deste espazo serán fundamentalmente sociais para a comunidade de montes e asociación de veciños tales como xuntanzas, actividades… “Imos seguir traballando nesta liña xa que é a forma de dar servizo ás necesidades dos veciños, fomentando unha zona de encontro para a veciñanza e recuperando o patrimonio”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.