O Concello de Boiro favorece a reciclaxe con tres puntos limpos móbiles que rotan polos distintos núcleos

13 Novembro 2024



O Concello de Boiro quere impulsar a reciclaxe nos distintos núcleos de poboación e para favorecelo habilitou tres puntos limpos móbiles que rotan por todas as parroquias do municipio. O obxectivo deste programa (Reciclaxe en movemento) é achegar o punto limpo de Espiñeira ás vivendas.

O programa comezou no ano 2021 con dous puntos limpos móbiles, aos que se vén de incorporar un terceiro. Os puntos limpos que xa se están a mover polos distintos núcleos de poboación “conteñen sete bocas de residuos para a recollida de lámpadas e fluorescentes, téxtil e roupa, xoguetes e outros plásticos que non se poden depositar no contedor amarelo, pilas e baterías, aceites e minerais… entre outros”, explicou a concelleira Olga González, engadindo que cada un dos puntos limpos móbiles estará durante 15 días nun núcleo de poboación e irán rotando durante todo o ano.

Para a adquisición do terceiro puntos limpos móbil, o Concello de Boiro recibiu unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático con vistas ao financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, co-financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

“É unha medida que busca achegar o punto limpo de Espiñeira ás familias e un paso máis para favorecer a reciclaxe”, afirmou o alcalde. Os puntos limpos móbiles so poden recibir residuos dos fogares particulares, non se aceptan residuos industriais ou que deberan ter unha xestión específica.

O Concello de Boiro dispón dun punto limpo fixo no parque empresarial de Espiñeira aberto de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Para a recollida de aveños (enseres) porta a porta é preciso facer unha solicitude previa no teléfono 981 83 89 08 ou no enderezo electrónico coregal.boiro@coregal.gal .

Outros artigos

Novo número de nosa edición impresa de Código Cero

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...

+

Atopan o corpo sen vida dun home nunha praia no concello de Muros

O cadáver foi achado este luns na beira do areal do Galiñaceiro, na parroquia de Esteiro. Os servizos de emerxencia confirmaron este luns o falecemento dun home cuxo corpo foi localizado na beira da praia do Galiñaceiro, situada no lugar da Formilla, pertencente á...

+

Padrón estrea o Outono Cultural 2026

O Concello de Padrón presenta unha nova edición do Outono Cultural, que entre o 7 de novembro e o 12 de decembro ofrecerá unha ampla programación de teatro, música e humor para todos os públicos. A primeira cita terá un carácter especial, coa entrega do XXV Premio de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.