O Concello de Boiro e a ABE renovan o seu compromiso pola promoción económica e empresarial no municipio

13 Novembro 2024

O Concello de Boiro e a patronal boirense (ABE) renovaron este mércores 13 de novembro a súa colaboración coa sinatura do convenio anual para desenvolver actividades de promoción económica e comercial.

O alcalde, José Ramón Romero; e o presidente da entidade, Daniel García; xunto co concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo; e o xerente da entidade, Tomás Estévez; analizaron as principais liñas de traballo e accións a desenvolver nos vindeiros meses.

O Concello de Boiro destina 30.000 euros para o impulso da actividade comercial no municipio co desenvolvemento de actividades e campañas dende a ABE. “Este aporte económico que realizamos dende o Concello redunda no dinamismo empresarial, cada vez vemos como o comercio boirense consolídase como un reclamo, o que favorece o crecemento económico das nosas empresas”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Ademais das campañas específicas que a ABE realiza ao longo do ano, conta con persoal administrativo e técnico dedicado ao asesoramento ao emprendemento e á actividade empresarial. Este convenio de colaboración forma parte das accións que o Concello de Boiro leva a cabo en materia de promoción económica, do empresariado e emprendemento para fomentar o emprego no municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.