O Concello de Boiro conta con 10 prazas para a Campaña da Neve 2025 da Deputación da Coruña

07 Novembro 2024

O Concello de Boiro participa nunha nova edición da Campaña da Neve da Deputación da Coruña, unha actividade destinada a rapaces e rapazas da provincia de entre 11 e 15 anos. A Boiro correspóndenlle 10 prazas entre os días 7 e 10 de febreiro de 2025.

As persoas participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares con aloxamento e manutención nun albergue a pe de pista con cursos de esquí e actividades complementarias. O prezo da actividade será de 85 euros como cota de participación, que se aboarán unha vez confirmada a asistencia.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 8 de novembro e o 2 de decembro presentando o modelo de inscrición dispoñible na web municipal mediante o Rexistro Xeral do Concello de Boiro. A participación resolverase mediante concurso público e as persoas seleccionadas deberán formalizar a inscrición efectuando o pago e aportando a documentación complementaria necesaria.

Máis información sobre a Campaña da Neve 2025 no Departamento de Deportes do Concello de Boiro ou na sección de Deportes da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.