O Concello de Boiro celebra o 1 de decembro a XIX Carreira Popular Mar de Boiro (17º Memorial Pepe Buceta)

20 Novembro 2024

O Concello de Boiro celebra o vindeiro domingo día 1 de decembro a XIX edición da Carreira Popular Mar de Boiro – 17º memorial a Pepe Buceta. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, presentaron na mañá deste 20 de novembro a proba xunto co técnico do departamento de Deportes, Manuel González.

Segundo explicaron, a proba consta de tres categorías distintas, a primeira delas engloba as carreiras de mini e supermini para idades de ata os 7 anos, que será de 200 metros e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil; a segunda categoría será a de escolares, que consta dun percorrido de 2.500 metros e sairá ás 11.05 horas da rúa Principal; e a careira longa, de 10.000 estros, para categorías xerais que sairá ás 11.00 horas da rúa Principal. Mar de Boiro forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do X circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Mantense o percorrido das pasadas edicións con saída da rúa Principal cara a Av. de Compostela e Praia Xardín, pasando polo Paseo Marítimo de Barraña ata o Saltiño con chegada a Mañóns e regreso a Boiro, novamente á rúa Principal, onde se atopa a liña de meta. “Trátase dunha carreira de dificultade media, apta para que calquera persoa poida participar”, afirmou o concelleiro.

Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría e absolutas, tanto masculina como feminina, e tamén aos tres primeiros corredores e corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e clasificación Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

Hai xa preto de 400 persoas apuntadas e as inscricións están abertas ata o vindeiro xoves 28 de novembro ás 23.59 horas na páxina de emesports.es. O alcalde, José Ramón Romero, animou á veciñanza a participar nesa proba “unha carreira moi familiar e que serve para promover o deporte en todas as idades e que este sirva como un atractivo turístico e comercial e fomentar a economía na comarca”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.